Axenda escolar 2023-2024
Centro: IES Praia Barraña, Boiro (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024
Curso: 2023 - 2024
Completísima axenda do IES Praia Barraña de Boiro con información moi útil para que o alumnado deste centro poida organizar mellor a súa vida escolar. Alén de normas básicas de convivencia ou técnicas de estudo, tamén se inclúen explicacións académicas, historias curiosas ou fermosas ilustracións, que farán máis ameno o día a día da aula.
Como complemento, atopamos unha listaxe das autoras e dos autores a quen se lles dedicou o Día das Letras Galegas desde o ano 1963, e ademais un espazo especial para Luísa Villalta, a escritora que será homenaxeada en 2024.