Volver

XXVI Certame literario Xoán Díaz

Centro: IES David Buján/IES Afonso X O Sabio, Cambre (A Coruña)
Curso: 2018-2019

Os dous institutos de Cambre en colaboración co Concello organizan unha nova edición do seu certame literario, que este curso levará o nome de Xoán Díaz en lembranza do profesor do IES David Buján que foi o impulsor e alma máter do concurso. Poden participar mozas e mozos de 12 a 26 anos en distintas modalidades: poesía, narración breve e microteatro. O prazo de presentación dos traballos remata o 30 de abril.