Volver

Taboa periódica interactiva

Centro: IES Melide, Melide (A Coruña)
Curso: 2018-2019

O IES de Melide súmase con esta excelente iniciativa á celebración do Ano Internacional da Táboa Periódica e á conmemoración do 150 anivesario da clasificación de Mendeleev. Os alumnos e alumnas de 2.º e 4.º da ESO e mais de FP Básica non só reflectiron o símbolo e o nome en galego de cada un dos elementos da táboa senón que tamén incluíron, a través da plataforma Genially, outros moitos datos relevantes: a masa atómica, a densidade, o punto de fusión, de ebulición etc. Parabéns ao alumnado participante e ao profesorado do Departamento de Física e Química por promover e supervisar a actividade.