Volver

Axenda e calendario do curso 2021-2022

Centro: Aulas Galegas
Curso: 2021/2022

Por segundo ano consecutivo, Aulas Galegas comparte con todo o profesorado interesado o seu calendario e a súa axenda escolar para o curso 2021-2022. Alén das distintas seccións (horarios, titorías, avaliacións...) que vos facilitarán a organización do labor docente, a axenda tamén inclúe orixinais ilustracións inspiradas nas distintas variantes do Camiño de Santiago. Tedes á vosa disposición a versión imprimible e mais a dixital.