Volver

Guadi Galego. Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado. Madrid 20.02.2020

Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Baleares conceden este galardón á artista galega polo seu último traballo discográfico multilingüe 'Immersion', integrado por músicas cantadas en sete linguas peninsulares.

O premio recoñece o labor realizado por persoas, entidades ou empresas no ámbito da defensa e a promoción da diversidade lingüística de España e enmárcase no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística. Os seis gobernos conmemoran conxuntamente o Día Internacional da Lingua Materna ofrecendo un concerto da artista galega.