Volver

40 aniversario da Constitución

Unidade didáctica promovida polas consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do 40 aniversario da Constitución española.

  • Unidade didáctica

    Unidade didáctica

A unidade persegue achegar o alumnado de 4 a 8 anos (segundo ciclo de infantil e primeiro a terceiro de primaria) ao concepto "constitución" e, en particular, á Constitución española, de xeito que entenda que é, para que serve, cales son os seus contidos básicos e os valores que establece como modelo de sociedade: liberdade, pluralismo, participación, responsabilidade, igualdade, tolerancia e solidariedade. Tamén se abordan os dereitos e deberes fundamentais da cidadanía, os símbolos e institucións do Estado e un primeiro achegamento básico á organización territorial.