Volver

#ACULTURASEGUE

Na casa. Caramuxo Teatro

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Os seguidores do Programa de dinamización lingüística Os Axóuxeres, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, lembrarán este conto musical dirixido á xente miúda da familia que percorreu Galicia no ano 2013. Agora chega adaptado ao formato audiovisual para facer as delicias dos cativos e cativas, que gozarán coas cancións e as historias de Telmo o equilibrista, a gata Rita ou a florista Hortensia.