Volver

Repositorio dixital da UB

O Centro de Estudos Galegos da Universitat de Barcelona, con sede na Facultat de Filologia i Comunicació desta institución, abriu un depósito dixital para recoller e ofrecer en aberto materiais do grupo de Estudis Gallecs i Portuguesos. O repositorio inaugurouse ofrecendo dous números da colección Lletras Gallegues UB/ Letras Galegas UB: plaquettes con antoloxías de textos en versión bilingüe galego e catalán (1. Carvalho Calero, 2. Xela Arias).