Volver

FALAREDES 2019

A nena e o grilo máis aló

Os coñecidos personaxes que protagonizaron os espectáculos de dinamización lingüística A nena e o grilo (Bocaberta, 2010) e A nena e o grilo nun barquiño ​(FalaRedes 2013) están preparados para vivir novas aventuras da man do FalaRedes 2019.

  • A nena e o griló máis aló. Detalle do cartel

    A nena e o griló máis aló. Detalle do cartel

Á oitava edición do programa que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) súmase A nena e o grilo máis aló, unha proposta teatral e musical de dinamización lingüística para toda a familia que chegará no outono da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafellos (Montse Piñón, Pepablo Patiño e Jorge Casas), con música en directo de Cristian Leggiero, a dez concellos galegos.

Nesta terceira entrega, os dous personaxes, Nena e Grilo, continuarán a súa descuberta do mundo, interior e exterior, e dos seus segredos, a través da palabra, dos afectos e da música en directo, nunha trama na que o misterio, os medos e os valores da afouteza, solidariedade e amizade adquirirán moita importancia. A nena e o grilo esmagallan sen querer a súa amiga Xertrude a araña e, no intento de facela rexurdir, atoparán uns artistas ambulantes que os guiarán ao país dos mortos para traela de volta. A nena e o grilo máis aló é unha divertida e evocadora historia que nos transportará ás buscas máis insólitas.

 

Axenda de FalaRedes 2019. A nena e o grilo máis aló

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Domingo, 20 de outubro, 17:00 horasSala Fonte do LunarTriacastelaLugo
Sábado, 26 de outubro, 11:30 horasCasa da Cultura de MoreirasToénOurense
Sábado, 26 de outubro, 18:00 horasNave da MúsicaBarroPontevedra
Domingo, 27 de outubro, 12:00 horasCasa da Cultura de CamporrapadoBoqueixónA Coruña
Domingo, 27 de outubro, 18:30 horasSalón de MabegondoAbegondoA Coruña
Venres, 1 de novembro, 19:00 horasCasa da CulturaOutesA Coruña
Sábado, 2 de novembro, 17:00 horasCasa da CulturaFradesA Coruña
Domingo, 3 de novembro, 18:00 horasCentro SocialOímbraOurense
Sábado, 9 de novembro, 12:00 horasCasa da CulturaBoimortoA Coruña
Sábado, 9 de novembro, 19:00 horasCentro SocialPontecesuresPontevedra