Volver

FALAREDES 2019

Fillos do sol

A elucubración teatral dirixida por Cándido Pazó sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que o ocupou toda a súa vida como escritor, Os Eoas, chega ao FalaRedes 2019 da man de Contraproducións.

  • Fillos do sol. Detalle do cartel

    Fillos do sol. Detalle do cartel

O programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística dáse cita, na recta final da súa oitava edición, co controvertido escritor que, xunto con Rosalía e Curros, constituíu un dos tres pés poéticos do Rexurdimento Galego e que encamiñou a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas.

Fillos do sol é unha peza teatral emotiva e divertida sobre os derradeiros anos de Eduardo Pondal, escrita e dirixida por Cándido Pazó, con César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. A peza, a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, presenta o personaxe desdobrado nun DON EDUARDO, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: EDUARDO, que non é outro ca el mesmo, de mozo, nos inicios da súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por ROSA, a criada nova da pensión na que o bardo pasou a derradeira etapa da súa vida.

Dirixida a público adulto desde os 14 anos, poderase gozar, do 3 de novembro ao 8 de decembro, en nove localidades da Rede de Dinamización Lingüística: Cambados, Mos, Foz, Viveiro, Verín, Xinzo de Limia, Santa Comba, As Neves e Salceda de Caselas.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Fillos do sol

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Domingo, 3 de novembro, 19:00 horasAuditorio da XuventudeCambadosPontevedra
Sábado, 9 de novembro, 19:00 horasAuditorio do TorrosoMosPontevedra
Sábado, 16 de novembro, 20:30 horasCasa da CulturaFozLugo
Domingo, 17 de novembro, 20:00 horasTeatro Pastor DíazViveiroLugo
Venres, 22 de novembro, 20:30 horasAuditorio MunicipalVerínOurense
Sábado, 23 de novembro, 20:30 horasCasa da CulturaXinzo de LimiaOurense
Domingo, 24 de novembro, 19:00 horasAuditorio do MultiúsosSanta CombaA Coruña
Sábado, 14 de decembro, 20:00 horasAuditorio MunicipalSalceda de CaselasPontevedra
Domingo, 15 de decembro, 18:00 horasAuditorio MunicipalAs NevesPontevedra