NÓS CONTRA A VIOLENCIA
Os Piñeiriños
A derradeira das actividades do ano da campaña Nós contra a violencia é un espectáculo lúdico e interactivo cheo de contos e de música dirixido a nenos e nenas de ata 10 anos e ás súas familias. Nel, os irmáns Fuco e Xela, máis coñecidos como Os Piñeiriños, farán visible a figura de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, co fin de destacar os seus méritos e transmitir valores de igualdade.
Axenda | |||
---|---|---|---|
Data | Lugar | Hora | Concello |
Domingo, 1 de decembro | Biblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca | 18:00 horas | Mondariz (Pontevedra) |
Luns, 9 de decembro | CEIP Ricardo Gasset | 12:00 horas | O Incio (Lugo) |