Volver

LINGUA GUAPA. Cantos que contan...

LINGUA GUAPA. Cantos que contan... é unha serie de traballos audiovisuais compostos a partir de poemas e textos da escritora e académica da lingua Fina Casalderrey, musicalizados por Néstor Blanco. A colección recolle algúns dos temas que formarán parte do libro-disco LINGUA GUAPA Cantos que contan..., neste caso coa colaboración da cantante Xoana e dos coros Infantil García Limeses e CEIP Álvarez Limeses, de Pontevedra, acompañados de coñecidos músicos do panorama musical galego. Os dous temas recitados por Fina Casalderrey levan o acompañamento do dúo de música tradicional galega Ballestrinque.

#aculturasegue #alinguasegue