Volver

Xela Arias. Poeta nas marxes

A Secretaría xeral de Política Lingüística pon en marcha, no marco da programación institucional conmemorativa das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia, a actividade Xela Arias. Poeta nas marxes, coa que fai partícipe á Rede de Dinamización Lingüística da homenaxe á autora anfitrioa deste 17 de maio con proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira e un coloquio posterior arredor da súa figura, vida e obra.

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra dunha "francotiradora das letras", deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega.

O programa, dirixido a todos os públicos desde os 12 anos de idade, chegará desde este mes ata outubro ás localidades de Sarria, Folgoso do Courel, Xinzo de Limia, A Pobra de Trives, Moaña, Tomiño, Marín, Ribeira, Melide, Lalín, Monforte de Lemos, O Pereiro de Aguiar, O Carballiño, Cabana de Bergantiños, Viveiro, Mondoñedo, Ferrol, Lobios, Vilalba, Ponteareas, Fene, Mazaricos, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ordes, Sanxenxo e ao Museo do Mar de Galicia, entidades todas elas pertencentes á RDL. A xestión de reserva previa correrá directamente a cargo delas.

Calendario

Maio

  • Venres 21, Sarria (Lugo), na Casa da Cultura, ás 19:00 h e ás 20:00 h
  • Sábado 22, Folgoso do Courel (Lugo), no salón de actos do Concello, ás 19:00 h
  • Domingo 23, Xinzo de Limia (Ourense), na Casa da Cultura, ás 19:00 h
  • Sábado 29,  A Pobra de Trives (Ourense), no Auditorio Municipal Julio Vázquez, ás 19:00 h e ás 20:00 h
  • Domingo 30, Verín (Ourense), na Casa da Cultura, ás 12:00 h, ás 18:00 h, ás 19:00 h e ás 20:00 h

Xuño

  • Venres 4, Moaña (Pontevedra), no salón de plenos do Concello, ás 20:00 h
  • Sábado 5, Tomiño (Pontevedra), no Auditorio de Goián, ás 20:00 h
  • Domingo 6, Marín (Pontevedra), na Biblioteca Municipal Vidal Pazos, ás 20:00 h
  • Venres 11, Ribeira (A Coruña), no Centro Cultural Lustres Rivas, ás 20:00 h
  • Sábado 12, Melide (A Coruña), no Centro Cultural Mingos de Pita, ás 20:00 h
  • Domingo 13, Lalín (Pontevedra), no Salón Teatro, ás 18:00 h
  • Venres 18, Monforte de Lemos (Lugo), na Casa da Cultura, ás 20:00 h
  • Sábado 19, O Pereiro de Aguiar (Ourense), na Casa da Cultura, ás 20:00 h
  • Xoves 24, Vigo (Pontevedra), no Museo do Mar de Galicia, ás 18:00 h
  • Venres 25, Cabana de Bergantiños (A Coruña), no Auditorio Municipal, ás 19:00 h e ás 20:00 h
  • Domingo 27, Viveiro (Lugo), na Sala Multiúsos da praza Maior, ás 19:00 e ás 20:00 h

Xullo

  • Venres 9, Mondoñedo (Lugo), no Auditorio Municipal Pascual Veiga, ás 20:00 h
  • Sábado 10, Ferrol (A Coruña), no Centro Cultural Torrente Ballester, ás 20:00 h
  • Sábado 31, Lobios (Ourense), no Edificio Multiúsos, ás 20:00 h e ás 21:00 h

Setembro

  • Venres 3, Ponteareas (Pontevedra), no Auditorio Municipal, ás 20:30 h
  • Venres 10, Fene (A Coruña), na Casa da Cultura, ás 20:00 h
  • Sábado 11, Vilalba, no Auditorio Municipal Carmen Estévez, ás 20:00 h
  • Venres 17, Mazaricos (A Coruña), na Casa da Cultura da Picota, ás 19:00 h
  • Sábado 18, Vila de Cruces (Pontevedra), na Fundación Paco Lareo - A Solaina de Piloño, ás 18:00 h
  • Domingo 19, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), no Centro Cultural de Cerdedo, ás 18:00 h
  • Venres 24, A Estrada (Pontevedra), nos Minicines Central, ás 21:00 h

Outubro

  • Venres 15, Ordes (A Coruña), na Salón de actos do Museo do Traxe, ás 19:00 h
  • Sábado 23, Sanxenxo (Pontevedra), no Auditorio Emilia Pardo Bazán, ás 20:00 h