Preguntas frecuentes

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 2 preguntas frecuentes
mais
Que é a dinamización lingüística?

Enténdese dinamización lingüística como o "proceso de promoción da lingua que se leva a cabo mediante o emprego integrado de todas as actividades que faciliten este proceso (formación, asesoramento, elaboración do corpus, sensibilización lingüística e extensión do uso), co obxectivo de incrementar a presenza social e mais o prestixio da lingua galega en toda a sociedade".

mais
Que é un servizo lingüístico?

Un servizo lingüístico é un departamento técnico inserido na entidade local, dotado de recursos materiais e humanos, que ten as funcións de planificar, xestionar, exectutar e avaliar as medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todoso os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente.