FalaRedes 2016

O programa de dinamización lingüística FalaRedes chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán a partir de febreiro nos concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Os obxectivos de FalaRedes son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

Ao longo do ano iremos dando conta no Portal da Lingua Galega das actividades para público de diferentes idades que se vaian poñendo en marcha no marco de FalaRedes 2016.

Axenda