O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística hoxe

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha o programa "O galego é un mundo", dirixido a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de fomentar a consciencia da diversidade lingüística e do multiculturalismo e de contribuír a erradicar os prexuízos existentes a respecto do galego.

  • O sociolingüista bengalí Anik Nandi será o encargado de desenvolver o programa O galego é un mundo

    O sociolingüista bengalí Anik Nandi será o encargado de desenvolver o programa O galego é un mundo

O programa, que ten vocación de continuidade, articúlase nesta primeira edición nunha serie de conferencias participativas que o sociolingüística bengalí Anik Nandi imparte este curso nos seguintes centros educativos:

  • IES San Clemente (Santiago de Compostela), 10 de xaneiro de 2017
  • IES Carlos Casares (Vigo), 12 de xaneiro de 2017
  • CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, 13 de xaneiro de 2017
  • IES de Carral, 16 de xaneiro de 2017
  • IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis), 17 de xaneiro de 2017
  • IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, 18 de xaneiro de 2017
  • IES Félix Muriel (Rianxo), 19 de xaneiro de 2017
  • IES Chano Piñeiro (Forcarei), 3 de febreiro de 2017
  • IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), 6 de febreiro de2017
  • IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), 9 de febreiro de 2017
  • IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia), 13 de febreiro de 2017
  • IES Xesús Taboada Chivite (Verín), 17 de febreiro de 2017

 O día 28 de outubro desenvolveuse en Santiago unha xornada de presentación para o profesorado destes centros co seguinte programa:

  • Presentación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García
  • Relatorio "O papel da sociedade na modificación das condutas lingüísticas", a cargo de Manuel Núñez Singala (Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago)
  • Relatorio "Visibilización dos programas de multiculturalidade nos medios: repercusións na sociedade global", a cargo de Xurxo Salgado (Galicia Confidencial)
  • Exposición sobre o programa "Galicia é un mundo" a cargo de Anik Nandi
  • "Poesía galega en bengalí", a cargo de Anik Nandi e o Consello de Galegos Ilustres