Nós contra a violencia

Velaquí un novo programa que combina a dinamización lingüística coa sensibilización fronte á violencia de xénero. A campaña desenvólvese no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero e nela colaboran, alén do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Nós contra a violencia inclúe actividades (teatro, música, obradoiros) e materiais que se irán dando a coñecer ao longo do ano.