Resolución dos premios Nós tamén creamos! a curtas de animación en galego 2019-2020

Resolución da IX edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e mais con OQO editora.

O xurado da IX edición dos Premios a curtas de animación en galego usando a técnica stop-motion 'Nós tamén creamos' seleccionou como gañadoras os seguintes traballos:

  • Categoría 1: 2.º ciclo de educación infantil
  • Mariluz avestruz, do CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo, A Coruña)

    Como se fixo Mariluz avestruz

  • Categoría 2: 1.º e 2.º cursos de educación primaria
  • Quen pode vencer o virus, do CEIP Virxe do Mar (Narón, A Coruña)

    Como se fixo Quen pode vencer o virus

  • Categoría 3: 3.º e 4.º cursos de educación primaria
  • Paco Papán, do CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha, A Coruña)

    Como se fixo Paco Papán

Acordo de ampliación de prazo

O 10.12.2019, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocaron as bases e os premios ás curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2019/2020. O prazo para enviar as curtas ao certame finalizaba o 30 de abril de 2020.

Por mor da epidemia, resultou imposible para a maioría dos centros inscritos no certame rematar o proceso de creación dos audiovisuais. Este proceso non se pode realizar na casa, pois implica a participación necesaria do alumnado e do profesorado e, ademais, o espazo de creación está situado no propio colexio, así como os materiais precisos.

Como, grazas á colaboración coa CRTVG, estas curtametraxes de animación poden verse na aplicación Xabarín desta entidade e na sección infantil da súa canle, teñen un efecto positivo na promoción da lingua galega que non se restrinxe ao ámbito de cada centro senón que chega a un público moito máis amplo, mesmo de fóra da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, e para facilitar todo o posible a finalización dos audiovisuais, acordouse ampliar a súa data de entrega.

O novo prazo de envío das curtametraxes finalizará o 30 de outubro de 2020.

Curtas baseadas en libros

O profesorado que participe nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 para o resto de profesorado participante.

Como sempre, as creacións presentadas ao concurso estarán accesibles na sección infantil do web da CRTVG e tamén desde esta mesma páxina. Haberá tres premios, un para a mellor curta elaborada en educación infantil, outro para a de primeiro e segundo de primaria e outro para a de terceiro e cuarto cursos de primaria.

Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros, que se lles envían aos centros educativos participante no certame e no programa:

  • A grande viaxe – Autor: Anna Castagnoli / ilust.: Gabriel Pacheco
  • Buscando o norte – Autor: Paula Carbonell / ilust.: Cecilia Afonso Esteves
  • Caracol e caracola – Autor: Armando Quintero / ilust.: André Letria
  • Caracol e vermiño – Autor: Anna Castagnoli / ilust.: Gabriel Pacheco
  • Chocolata – Autor: Marisa Núñez / ilust.: Helga Bansch
  • Mariluz avestruz – Rachel Chaundler / ilust.: Bernardo Carvalho
  • O oso e o corvo – Monika Klose / ilust.: André da Loba
  • O papón – Autor: Pablo Albo / ilust.: Maurizio A. C. Quarello
  • Paco papán – Autor: Patacrúa / ilust.: Evelyn Daviddi
  • Quen pode vencer o vento – Autor: Charo Pita / ilust.: Marion Arbona
  • Titiritesa – Autor: Xerardo Quintiá / ilust.: Maurizio A. C. Quarello
  • Viches o león – Autor: Armando Quintero / ilust.: Géraldine Alibeu