Nadal en Rede 2022

Regresa para pechar o ano o programa de dinamización lingüística Nadal en Rede, que ofrece actividades e recursos para celebrar estas festas en galego nas entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingúística (RDL).

Nadal en Rede contará este ano con trinta e tres sesións de catro actividades dirixidas aos máis pequenos da casa, que son quen máis goza nestas datas de vacacións e celebración.

O Apalpador e Os Monifates

Velaquí unha proposta do máis orixinal e divertida que combina o contacontos arredor dunha figura senlleira do Nadal galego coa música e os monicreques danzantes, un tipo de títere tradicional recuperado pola compañía Os Monifates, responsable do espectáculo. Poderás verse nos seguintes concellos da RDL:

  • 18 de decembro, na Carpa da Praza Selmo Villaramigo de Malpica de Bergantiños, ás 11:30 horas
  • 23 de decembro, na Carpa da Praza do Concello en Boiro, ás 12:00 horas
  • 24 de decembro, na Praza do Concello no Porriño, ás 12:00 horas
  • 28 de decembro, na Casa da Cultura de Feira do Monte de Cospeito, ás 17:30 horas
  • 30 de decembro, no salón de actos da Casa do Concello de Carballedo, ás 17:00 horas

Fazulas e o ladrón de paraugas

Proposta da compañía teatral Bandullo Azul protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para darlle resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza que trata de sensibilizar a cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

O espectáculo desenvolverase en 10 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística:

  • 16 de decembro, no Centro Social de Pontecesures, ás 19:00 horas
  • 17 de decembro, no auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhigas de Campo Lameiro, ás 19:30 horas
  • 21 de decembro, no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas,  ás 18:00 horas
  • 22 de decembro, no Casal de Ferreirós de Poio, ás 17:30 horas
  • 23 de decembro, no Museo do Mar de Vigo, ás 18:00 horas
  • 28 de decembro, na Casa da Cultura de Foz, ás 12:00 horas
  • 28 de decembro, no Centro Cultural Manuel Lamazares en Rodeiro, ás 17:00 horas
  • 29 de decembro, no Local Social de Meirás, en Valdoviño, ás 11:00 horas 
  • 30 de decembro,  na Casa da Cultura da Laracha, ás 12:00 horas
  • 30 de decembro, nas Aldeas de Nadal de Lalín, ás 17:00 horas

Son no berce

Concerto didáctico-sensorial para bebés (0 a 3 anos). A actriz Cristina Collazo, a través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realiza unha viaxe de descuberta polo corpo curioso dos nenos e das nenas (desde os seus dediños que exploran a natureza ata a sorpresa da auga na súa cara). A finalidade é que os cativos deixen voar a súa imaxinación e, con ela, saian a percorrer o mundo.

Cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística acollerán sesións dobres desta actividade:

  • 17 de decembro, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, ás 11:45 horas e ás 12:30 horas
  • 21 de decembro, no Centro Cívico Social do Couto, en Narón, ás 18:00 horas e ás 18:30 horas
  • 23 de decembro, no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 17:00 horas e ás 17:30 horas
  • 27 de decembro, no Edificio Multiúsos de Monforte, ás 17:00 horas e ás 17:30 horas
  • 29 de decembro, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, O Barco de Valdeorras, ás 17:00 horas e ás 17:30 horas

A estas propostas súmase, como todos os anos, a Xira de Nadal dos Bolechas, que chegarán a 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística acompañados da bruxa Befana.

Axenda

Ver todas