O galego campa 2021

Tras o verán de 2020, marcado polas restricións derivadas da pandemia de covid-19, volve O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022.

Comeza a novena edición do programa O galego campa!, que este ano é sensible á complicada situación emocional que as restricións á mobilidade, á relación e á proximidade social derivadas da actual situación sanitaria xeraron entre a mocidade.

Como sempre, O galego campa! incluirá novos materiais para o Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores e educadoras e para calquera outra persoa interesada. Serán propostas encamiñadas a fomentar o diálogo na lingua propia de Galicia e centradas desta volta na educación emocional.

Ademais, a empresa de educación non formal O Falcón Branco levaralles a dinámica "Canto te quero: conversas en grupo para falar de amor" ao monitorado e á mocidade participante nestes 13 campamentos dada Dirección Xeral de  Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

Axenda

Data e hora

Lugar

Actividade

Concello

3 de agosto, ás 10:00 horas

Campamento Xuvenil Virxe de Loreto

Natureza xunto ao mar

Porto do Son (A Coruña)

3 de agosto, ás 16:30 horas

Campamento Xuvenil Espiñeira

Candilexas

Boiro (A Coruña)

4 de agosto ás 10:00 horas

Campamento Xuvenil Furelos

Natureza no Camiño

Melide (A Coruña)

4 de agosto, ás 16:00 horasCampamento Xuvenil PontemarilAventura na naturezaForcarei (Pontevedra)

5 de agosto ás 17:30 horas

Campamento Xuvenil Illa de Ons

Illa marabilla 

Bueu (Pontevedra)

6 de agosto, ás 12:00 horas

Albergue Xuvenil Area

NaturArea: ambiente mariño e náutica

Viveiro (Lugo)

6 de agosto ás 16:30 horas

Campamento Xuvenil A Devesa

Multiaventura: ambiente e mar

Ribadeo (Lugo)

7 de agosto ás 10:00 horas

Albergue Xuvenil Benigno Quiroga

A miña primeira aventura

Portomarín (Lugo)

12 de agosto ás 17:00 horas

Albergue Xuvenil As Sinas

O mar que imaxinas

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

13 de agosto ás 18:00 horas

Campamento Xuvenil Os Chacotes

Multiaventura nos Chacotes

Palas de Rei (Lugo)

14 de agosto ás 12:00 horas

Albergue Xuvenil Mariña Española

Aventura nas Mariñas

Sada (A Coruña)

14 de agosto ás 16:00 horas

Albergue Xuvenil de GandaríoActividades no marBergondo (A Coruña)
19 de agosto, ás 17:30 horasCampamento Xuvenil Penedos de XacintoTeatro e aventura na naturezaEntrimo (Ourense)
    
    

 

Conversas en grupo para falar de amor

Os tempos que nos está tocando vivir son estraños e a necesidade de reflexión e de expresión é patente. As restricións de mobilidade e relación sobrevidas no último ano e medio están deixando unha forte pegada nas nosas sociedades. Queremos tender á normalidade, mais non podemos obviar a anormalidade que vivimos. Queremos pensar en positivo, mais non podemos obviar experiencias e sensacións que nos encollen o estómago e que fan aflorar inseguridades e medos colectivos. Queremos recuperar a diversión, mais sen consciencia pode ser temeridade e é necesaria a introspección. Introspección na relación con un mesmo e na relación cos demais. A preocupación pola saúde física e mental das persoas cobra una importancia inusitada e abre enormes interrogantes entre as persoas adolescentes.

Os campamentos de verán son un espazo óptimo para explorar a expresión persoal e a educación emocional cun enfoque que combina:

  • Unha actitude lúdica, que reduce a ansiedade e permite explorar diversidade de perspectivas, falar con distanciamento e desenvolver narrativas en positivo.
  • Unha seriedade emocional saudable, que desenvolve actitudes respectuosas, que permite a expresión de temores e que traballa a fortaleza desde a consciencia e a vulnerabilidade.

Plan de dinamización da lingua galega entre a mocidade

Os obxectivos xerais de O galego campa! están en consonancia cos recollidos no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que se presentou no Parlamento de Galicia o pasado 3 de xullo de 2019, un plan elaborado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A finalidade última de O galego campa! é promover a galeguización lingüística das actividades educativas de tempo libre en Galicia mediante a realización de intervencións de educación non formal que axuden a desenvolver actitudes positivas cara á lingua galega por parte de mozas, mozos, educadoras e educadores:

  • Actividades de dinamización que permitan introducir de modo empático a lingua galega nos campamentos.
  • Propostas educativas que favorezan a reflexión e a renovación metodolóxica de programas entre os equipos de profesionais que traballan na campaña de verán.
  • Intervencións no tempo libre de calidade co galego como referente.
  •  

 

Axenda