Volver

O GALEGO NA ONDA

Galería de fotos da entrega do premio

Viviane Delfine Furtado Brito, Safouan Housni Bahi-Edine, Macarena Ledo Vázquez, Sergio Rivas Baliña, Laura Sofía Semedo Brito, Elena Valle García e Simón Rodríguez Rouco (todos eles e elas alumnos do IES Perdouro de Burela) recibiron o premio O galego na onda, en cuxa fase autonómica resultaron gañadores co programa que fixeron en Radio Burela, nun acto celebrado na sede central da Radio Galega, en Santiago de Compostela.

Acompañáronos o secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística, Valentín García; o alcalde de Burela, José González; a directora de programas da radio pública de Galicia, Gloria Ferreiro; o actor e comunicador Rubén Riós; e os profesores Bernardo Penabade e Karina Parga. Ese mesmo día participaron no programa Galicia por diante, no que tiveron oportunidade de faceren radio con Kiko Novoa.