Brinca vai!

17/04/2015 Volver

FalaRedes incorpora unha sexta proposta de dinamización lingüística para pechar a edición 2014 do programa. Trátase de Brinca vai de aquí a acolá!, un concerto-obradoiro que chegará a 26 concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia nos derradeiros meses do ano, da man do actor e músico Paco Nogueiras.
Brinca vai de aquí a acolá! é unha actividade destinada a nenos e a nenas de 6 a 9 anos e ás súas familias baseada no libro-disco Brinca vai! Unha proposta na que a música, as cancións, o humor e o enxeño toman a palabra para convidar a creatividade a viaxar ao longo dos doce meses do ano achegándolle á xente miúda da casa as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares.