Toc Toc...

06/03/2015 Volver

A primeira actividade que petou á porta de FalaRedes 2014 foi o concerto Toc Toc, de Pablo Díaz, dirixido a público familiar.

Toc Toc rima con rock, pop, folk e tamén co soul, que aquí se mesturan coa tradición galega e converten o concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan na nosa lingua. A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade.

Da man de FalaRedes 2014, Toc Toc chegará entre marzo e abril a 20 localidades galegas pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística. A entrada será libre e de balde.