As fabas máxicas

06/03/2015 Volver

As fabas máxicas é unha proposta teatral pensada para nenos e nenas de máis de 4 anos e as súas familias, que gozarán do espectáculo tanto coma os cativos por mor da coidada escenografía, do humor e da poesía con que se vai tecendo a historia.

Trátase dunha versión renovada do conto tradicional “Xan e as fabas” en que o propio Xan, coa axuda duns xeitosos monicreques, nos narra en primeira persoa as súas aventuras.

As fabas máxicas achegaralles de balde o teatro en galego aos pequenos de 28 concellos da Rede de Dinamización Lingüística entre abril e xuño de 2014.