Volver

FALAREDES 2015

Estamos no verán!!!

Arranca a cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes! E faino, coma sempre, con propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As novas actividades chegarán desde marzo e ata decembro aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), coa colaboración das deputacións provinciais que participan na RDL en concellos da súa competencia territorial.

  • Estamos no verán!!!

    Estamos no verán!!!

Chegan o bo tempo, as vacacións… e unha proposta de lecer en galego orixinal e refrescante. Trátase do concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 Estamos no verán!!!

Estamos no verán

Dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, a variedade de estilos musicais que presenta –con mestura de funk, rock, pop, reggae, bossa nova ou blues- e mais as coreografías propostas pola bailarina Marta Alonso han mover tamén os pés de pais, nais, irmáns máis novos e veciños. Todo con moito humor e co obxectivo de que cantemos, bailemos e improvisemos na nosa lingua. Ocio participativo para toda a familia!

Estamos no verán!!! chegará durante os meses de xuño e xullo a 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Santa Comba, Cariño, O Rosal, Ordes, Muxía, Miño, Ames, Xove, Ortigueira, Fisterra, Baiona, Malpica, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Vilamarín, Barreiros, Ribadumia, Bueu e O Grove.