Volver

OS AXÓUXERES 2015

Vou navegar

  • Vou navegar

    Vou navegar

Co meu barco a babor
sempre sei a onde vou.
Da alborada ao solpor
vou navegar.

O palangre e a liña,
xurelo e sardiña.
Vou navegar.
Son un lobo de mar.

Poño rumbo valente,
non me leva a corrente.
Con refachos e ondas
vou navegar.

Ollomol e bocarte,
faneca e rapante.
Vou navegar.
Son un lobo de mar.

Poño rumbo ao peirao.
Teño o peixe nas maos:
ollomol, bacallau.
Vou navegar.

Co meu barco a estribor
sempre sei a onde vou.
A faena acabou.
Son un lobo de mar.

E un bo lobo de mar.