Volver

FALAREDES 2016

A viaxe de Rosalía

A segunda das actividades de dinamización lingüística de FalaRedes 2016 combina as técnicas da narración oral tradicional coa interpretación actoral, uns fermosísimos monicreques de mesa e mais música para mostrarnos a vida e a personalidade de Rosalía de Castro.
  • A viaxe de Rosalía

    A viaxe de Rosalía

  • A viaxe de Rosalía

    A viaxe de Rosalía

  • A viaxe de Rosalía

    A viaxe de Rosalía

  • A viaxe de Rosalía

    A viaxe de Rosalía

  • A viaxe de Rosalía en Padrón

    A viaxe de Rosalía en Padrón

  • A viaxe de Rosalía na Lama

    A viaxe de Rosalía na Lama

  • A viaxe de Rosalía na Rúa

    A viaxe de Rosalía na Rúa

  • A viaxe de Rosalía en Cerceda

    A viaxe de Rosalía en Cerceda

  • A viaxe de Rosalía en Curtis

    A viaxe de Rosalía en Curtis

  • A viaxe de Rosalía en Guitiriz

    A viaxe de Rosalía en Guitiriz

  • A viaxe de Rosalía en Mondariz

    A viaxe de Rosalía en Mondariz

  • A viaxe de Rosalía en Mondoñedo

    A viaxe de Rosalía en Mondoñedo

  • A viaxe de Rosalía de Pontedeume

    A viaxe de Rosalía de Pontedeume

A cabalo entre o Día de Rosalía e o Día da Muller bota a andar un coidadísimo espectáculo de Larratiz Producións Artísticas que nos achega a Rosalía feminista, culta, valente e comprometida que ás veces a súa propia lenda ocultou. É Francisca do Campo, madriña de Rosalía, o personaxe que nos guía a través da traxectoria vital e artística de quen xa é un símbolo da cultura e da lingua galegas.

A viaxe de Rosalía chegará ata principios de maio a 13 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Cerceda, Curtis, Frades, Padrón, Pontedeume, Santa Comba, Vilamarín, A Lama, Mondariz, Ponteareas e O Rosal.