Volver

FALAREDES 2016

Xente miúda, moita fartura

A terceira das actividades do FalaRedes 2016 chegará, durante a primavera, a dezaoito concellos da Rede de Dinamización Lingüística para ofrecerlle ao público familiar con cativada de 0 a 5 anos unha opción de ocio de calidade en galego e un amplo repertorio de cancións coas que acompañar os momentos cotiáns do universo miúdo.

  • Xente miúda, moita fartura

    Xente miúda, moita fartura

  • Xente miúda, moita fartura en Lalín

    Xente miúda, moita fartura en Lalín

  • Xente miúda, moita fartura en Bueu

    Xente miúda, moita fartura en Bueu

  • Xente miúda, moita fartura en Bueu

    Xente miúda, moita fartura en Bueu

Cancións para os aniversarios, a hora de durmir, o momento de gardar os xoguetes... serán interpretadas por Pablo Díaz (voz, harmónica, acordeóns e percusións), Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), de xeito que a música cantada volva ser o mellor vehículo para promover o uso da nosa lingua propia na familia e a súa transmisión interxeracional.

De abril a maio poderase gozar de balde de Xente miúda, moita fartura en Ames, Arteixo, Arzúa, Boiro, Ordes, Rois, Teo, Val do Dubra, O Barco de Valdeorras, Castro Caldelas, Ribadavia, Xinzo de Limia, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Lalín, Soutomaior e Valga.