Volver

Dragal 2015 - 2016

Patrimonio inmaterial

  • Patrimonio inmaterial

    Patrimonio inmaterial

O patrimonio inmaterial forma parte da esencia do noso pobo a pesar de estar agochado. Pero os nosos dragaliños andaron investigando cales eran as lendas máis representativas da súa zona.

E como premio ao seu labor de detectives de lendas unha visita especial no terceiro trimestre do actor César Cambeiro, quen soubo meter no peto aos dragaliños/as coa representación dos mellores contos e lendas baseadas na contorna dos participantes. Mesmo houbo ocasión para que eles/as botaran os seus propios contos converténdose así en protagonistas e dinamizadores da súa propia cultura.”