Volver

FALAREDES 2018

Os Bolechas e o amigo Monte

Os Bolechas volven este verán ao FalaRedes. Estarán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para concienciar os máis novos no respecto á natureza.

  • Os Bolechas e o amigo Monte

    Os Bolechas e o amigo Monte

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos vivirán a canda os nenos e nenas de 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística unha nova e divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidarmos o monte e a maneira de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestais. O obxectivo é fomentar, a canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora.

Para que a actividade de dinamización lingüística teña continuidade máis alá do día do espectáculo, os asistentes a el obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal/amigomonte/, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas...) e poderán participar en sorteos de lotes de libros.

 

Axenda de FalaRedes 2018. Os Bolechas e o amigo Monte

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado 16 de xuño, 12:00 horasCasa da Cultura Poeta Lois PereiroMonforte de LemosLugo
Sábado 16 de xuño, 19:00 horasTeatro Lauro OlmoO Barco de Valdeorras Ourense
Domingo 17 de xuño, 12:00 horasCasa da CulturaCorcubión (en colaboración coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Fisterra)

A Coruña

Domingo 17 de xuño, 18:00 horasAuditorio MunicipalCabana de Bergantiños

A Coruña

Sábado 23 de xuño, 12:00 horasAuditorio Constante Liste (da Ramallosa)TeoA Coruña
Sábado 30 de xuño, ás 12:00 horasCasa da CulturaLousame

A Coruña

Sábado 30 de xuño, ás 18:30 horasCentro Cívico dos MallosA CoruñaA Coruña
Domingo 1 de xullo, 18:00 horasCentro Cultural do PicoutoRamirásOurense
Sábado 7 de xullo, ás 12:30 horasBiblioteca Pública Municipal (Hospital do Santo Espírito)BaionaPontevedra
Sábado 7 de xullo, ás 20:00 horasCasa da Cultura de RiomaiorVilaboa

Pontevedra

Domingo 8 de xullo, ás 12:30 horasCentro Sociocultural M. Díaz SampedroBarreiros

Lugo

Domingo 8 de xullo, ás 20:00 horas

Casa da XuventudeMondoñedo

Lugo

Sábado 14 de xullo, ás 20:00 horasAuditorio MunicipalCangas

Pontevedra

Domingo 15 de xullo, ás 19:30 horasAuditorio MunicipalChantada (en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra)

Lugo

Sábado 21 de xullo, ás 18:00 horasCentro Cultural de RomaiPortas

Pontevedra

Domingo 22 de xullo, 12:30 horasCentro Cultural Gonzalo Torrente BallesterFerrol

A Coruña

Mércores 25 de xullo, ás 18:00 horasCentro Sociocultural de GalegosFrades

A Coruña

Sábado 28 de xullo, ás 12:00 horasSalón de actos do ConcelloBande

Ourense

Sábado 28 de xullo, ás 19:30 horasPavillón polideportivoOímbra

Ourense

Domingo 29 de xullo, 12:30 horasEdificio de Servizos MúltiplesCoristanco

A Coruña

 Domingo 29 de xullo, 19:30 horas Multiúsos Terra do Queixo ArzúaA Coruña