Volver

FALAREDES 2019

Os Bolechas. Somos unha gran familia

  • Os Bolechas. Somos unha gran familia. Detalle do cartel

    Os Bolechas. Somos unha gran familia. Detalle do cartel

Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.

Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.

 

Axenda de FalaRedes 2019. Os Bolechas. Somos unha gran familia

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Venres, 14 de xuño, 19:30 horasSalón de Actos da Biblioteca PúblicaBarroPontevedra
Venres, 28 de xuño, 19:00 horasSalón TeatroLalínPontevedra
Sábado, 29 de xuño, 12 horasLocal Social da Casa do ConcelloA BolaOurense
Sábado, 29 de xuño, 19 horasLocal Social de BruésBoborásOurense
Domingo, 30 de xuño, 12:30 horasCentro de día dos GozosO Pereiro de AguiarOurense
Domingo, 30 de xuño, 20:00 horasSalón de Actos do ConcelloPazos de BorbénPontevedra
Sábado, 6 de xullo, 12 horasAuditorio MunicipalCercedaA Coruña
Sábado, 6 de xullo, 19:30 horasCentro Sociocultural de PaiosacoA LarachaA Coruña
Domingo, 7 de xullo, 11:30 horasAuditorio MunicipalMurosA Coruña
Domingo, 7 de xullo, 18 horasCasa da CulturaBoqueixónA Coruña
Sábado, 13 de xullo, 12 horasSala Félix Rodríguez (área panorámica)TuiPontevedra
Sábado, 13 de xullo, 19 horasSala de Cultura da Casa de ConcelloMondariz-BalnearioPontevedra
Domingo, 14 de xullo, 19 horasSala Fonte do LunarTriacastelaLugo

Sábado, 20 de xullo, 12 horas

Auditorio MunicipalRoisA Coruña
Sábado, 20 de xullo, hora pendente de confirmarPendente de confirmar lugarBoiroA Coruña
Domingo, 21 de xullo, 12:30 horasCentro SocialPontecesuresPontevedra
Xoves, 25 de xullo, 12:30 horasCentro Cultural do PicoutoRamirásOurense
Xoves, 25 de xullo, 19:30 horasAuditorio Pazo de MosMosPontevedra
Sábado, 27 de xullo, 12 horasCentro Sociocultural Manuel Díaz SampedroBarreirosLugo
Domingo, 28 de xullo, 12 horasGrupo EscolarNogueira de RamuínOurense
Domingo, 28 de xullo, 20:30 horasPavillón MunicipalOímbraOurense