Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

  • O rueiro das liortas

    O rueiro das liortas

O espectáculo baséase na comedia da arte italiana e no teatro popular para promover, desde a óptica escénica, a reflexión sobre a situación desigual da muller na sociedade, ao tempo que se afonda nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor. Dirixida a todos os públicos desde os oito anos de idade, esta comedia iniciática, vista desde unha óptica feminina, combina o dinamismo dos elementos escenográficos que representan diferentes espazos, un actor e unha actriz que interpretan múltiples personaxes e unha nena que fai valer a súa verdade. Ofrece, a maiores, un espazo de reflexión conxunta das persoas asistentes á función a partir dunha conversa posterior cos actores.

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados tanto no texto coma no xesto e no movemento. As súas pezas, que buscan a universalidade, xorden da fusión de diferentes linguaxes: a palabra, o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. Desta volta, ofrécennos unha obra de coidada estética na que as emocións, os afectos, o humor e o texto van da man para achegar a cativada e a mocidade ao teatro en lingua galega e sensibilizalas en contra da violencia de xénero, os micromachismos ou os comportamentos sexistas.

 

Axenda. O rueiro das liortas

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

Sábado, 16 de novembro, 20:00 horasCasa da XuventudeMondoñedoLugo
Domingo, 17 de novembro, 19:00 horasAuditorio MunicipalBaionaPontevedra
Venres, 22 de novembro, 20:30 horasAuditorio Constante Liste da RamallosaTeoA Coruña
Sábado, 23 de novembro, 21:00 horasAuditorio MunicipalCaldas de ReisPontevedra
Domingo, 24 de novembro, 19:30 horasCentro Cultural A FábricaOleirosA Coruña
Luns, 25 de novembro, 20:00 horasIES Illa de TamboMarínPontevedra
Venres, 29 de novembro, 20:30 horasCentro Cultural e Recreativo A Pombiña do PedrosoNarónA Coruña
Sábado, 7 de decembro, 20:00 horasTeatro Lauro OlmoO Barco de ValdeorrasOurense
Domingo, 8 de decembro, 20:00 horasCasa HabaneraGuitirizLugo
Domingo, 15 de decembro, 19:00 horas Casa da CulturaSalvaterra de MiñoPontevedra