Volver

NÓS CONTRA A VIOLENCIA

Os Piñeiriños

A derradeira das actividades do ano da campaña Nós contra a violencia é un espectáculo lúdico e interactivo cheo de contos e de música dirixido a nenos e nenas de ata 10 anos e ás súas familias. Nel, os irmáns Fuco e Xela, máis coñecidos como Os Piñeiriños, farán visible a figura de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia, co fin de destacar os seus méritos e transmitir valores de igualdade.

 

Axenda 

Data

Lugar

Hora 

Concello

Domingo, 1 de decembroBiblioteca Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca18:00 horasMondariz (Pontevedra)

Luns, 9 de decembro

CEIP Ricardo Gasset12:00 horasO Incio (Lugo)