Volver

FALAREDES 2020

O que levamos nas maletas

Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa ten participado con éxito no FalaRedes con A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño ou A nena e o grilo máis aló, volve ao noso programa de dinamización lingüística cun percorrido musical e lúdico para nenos e nenas a partir dos 3 anos centrado nas súas últimas cancións.

  • O que levamos nas maletas. Detalle do cartel

    O que levamos nas maletas. Detalle do cartel

Ao longo do concerto, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (monicreques, monecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza e convidarán a cativada a participar. Dende as cancións "O meu país" ou "Aquí estamos", onde se presenta a realidade como parte dun conto, ata "O hipnotizador" ou " Os esqueletos", máis oníricas e circenses, vanse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. O que levamos nas maletas                                                        
Data e hora Lugar Concello Provincia
 25 de outubro, ás 18:00 horas Salón de actos do Edificio Multiúsos Santa Comba A Coruña
 31 de outubro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Gondomar Pontevedra
 1 de novembro, ás 18:00 horas Casa da Cultura Silleda Pontevedra
 6 de novembro, ás 18:00 horas Centro Social e da Terceira Idade A Baña A Coruña
 8 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Cerdedo Cerdedo-Cotobade  Pontevedra
 15 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal de Valga Valga Pontevedra 
 22 de novembro, ás 12:00 horas  Museo do Mar  Vigo  Pontevedra