Volver

FALAREDES 2020

Monstros no Camiño

Teatro Ghazafellos volve ao FalaRedes con Monstros no Camiño, unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.

  • Monstros no camiño. Detalle do cartel

    Monstros no camiño. Detalle do cartel

Tres investigadores reúnense nun simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, os monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para seren sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Monstros no Camiño                                                   
Data e hora Lugar Concello Provincia
 10 de outubro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Miño A Coruña
 11 de outubro, ás 12:00 horas Salón de actos do Concello Coristanco A Coruña
 25 de outubro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal Celanova Ourense
 1 de novembro, ás 12:00 horas Multiúsos da Senra Bergondo A Coruña
 7 de novembro, ás 12:00 horas Teatro da Beneficencia Ortigueira A Coruña
 8 de novembro, ás 11:30 horas Casa da Cultura Riomaior  Vilaboa  Pontevedra
 8 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio Municipal O Rosal Pontevedra 
 14 de novembro, ás 12:00 horas Multiúsos Terra do Queixo Arzúa A Coruña
 15 de novembro, ás 12:00 horas Auditorio Municipal Vila de Cruces  Pontevedra