Volver

FALAREDES 2020

Arrieira

Xarope Tulú trae ao FalaRedes un contacontos para toda a familia que mostra a importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan.

  • Arrieira. Detalle do cartel

    Arrieira. Detalle do cartel

Ninguén coñecía os camiños mellor ca os arrieiros. Estes eran, na súa maioría, homes, pero Atenea García (narradora) e Nicolás Zamorano (músico) vannos presentar unha arrieira coñecedora dos vieiros e das súas xentes. A arrieira, no seu percorrido, tiña atopado historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e, coma un tesouro, fora gardando todos eses saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: "Regáloche unha cantiga se me contas un conto". Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros. Os contos que recollera, contábaos, pero facía ben tempo que collera por costume facer uso das licenzas poéticas, por iso ás veces lle daba a volta ás historias que sentira, narrándoas ao seu xeito.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Arrieira                                                      
Data e hora Lugar Concello Provincia
 22 de outubro, ás 17:30 horas Aula de lectura da BibliotecaDodro A Coruña
 28 de outubro, ás 18:00 horas Casa da CulturaO Grove Pontevedra 
 29 de outubro, ás 18:30 horas  Centro CulturalOroso A Coruña
 30 de outubro, ás 16:30 horas Casa da CulturaCospeito Lugo
 8 de novembro, ás 12:30 horas  Casa da CulturaNeda  A Coruña
 20 de novembro, ás 18:00 horas Casa da CulturaPadrón A Coruña
 25 de novembro, ás 10:30 horas En liña: https://apontestudio.com/escenario/#clip=3qcx0fpu12asRibeiraA Coruña
 25 de novembro, ás 17:30 horas  Auditorio MunicipalCerceda A Coruña