Volver

FALAREDES 2020

Polo Camiño, contos da feira

A compañía teatral A Cova das Letras chega ao programa de dinamización Lingüística FalaRedes con esta nova proposta baseada na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares.

  • Polo Camiño, contos da feira. Detalle do cartel

    Polo Camiño, contos da feira. Detalle do cartel

Polo Camiño, contos da feira narra a historia dunha feira onde conflúen seis personaxes que cos seus contos e cantos fan voar a imaxinación dos asistentes: a minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira. Trátase dun espectáculo para todos os públicos no que se empregan títeres de luva, marotas e títeres de táboa.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Polo Camiño, contos da feira                                                      
Data e hora Lugar Concello Provincia
 1 de novembro, ás 12:30 horas Feira da LarachaA Laracha A Coruña
 20 de novembro, ás 19:00 horas  Emisión a través de internet (Inscrición previa e ligazón virtual no correo normalizacion@concellodeames.gal)Ames A Coruña
 22 de novembro, ás 20:00 horas Auditorio Pascual VeigaMondoñedo Lugo
 10 de decembro, ás 17:30 horas  Auditorio MunicipalCerceda A Coruña
 19 de decembro, ás 19:00 horas  Teatro Cine Elma (Reservas no 676666263)A Pobra do Caramiñal  A Coruña