Volver

#ACULTURASEGUE

Ouzande. Do arado de pau ao smartphone. Malasombra Producións

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

 

 

 

 

 

 

 

Video documental realizado a partir da investigación, a toma de imaxes e as entrevistas que se empregarán para crear un espectáculo de artes escénicas da compañía Malasombra Producións.

A finalidade deste audiovisual é, sobre todo, pór en valor o patrimonio material e inmaterial da parroquia estradense de Ouzande. Trátase de reflectir a realidade cotiá deste lugar nos anos da posguerra en relación con temas como a lingua, a convivencia, o ensino, os traballos e o lecer a través daqueles que foron nenos e nenas nese tempo e que hoxe conservan a voz da sabedoría popular.