Volver

#ACULTURASEGUE

Augas Santas, a terra dos druídas. Francisco Javier Zabaleta Estévez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental que pon en valor a historia e mais a riqueza paisaxística, arqueolóxica, etnográfica e turística de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz, Ourense). O filme ocúpase dun territorio ampliamente poboado desde a Antigüidade e que conta cun patrimonio excepcional que inclúe un castro prerromano, un poboado castrexo romano, una posible mansioromana, una cripta da cultura castrexa que foi reconvertida nun templo cristián e a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, románica do século XII, centro de peregrinación e culto que segue vivo e activo na actualidade. A vila de Santa Mariña de Augas Santas está enclavada nunha das comarcas que mellor conservan os seus valores naturais e é etapa de paso do Camiño de Santiago Vía da Prata.

Augas Santas, a terra dos druídas narra a historia da vila e da contorna, con especial fincapé nos períodos castrexo e romano e na lenda de santa Mariña de Augas Santas, orixe das peregrinacións. Así mesmo, percorre e analiza os valores artísticos e arqueolóxicos das principais construcións do sendeiro arqueolóxico da vila. Tamén afonda afonda nas posibles orixes do culto cristián e dá a coñecer os valores naturais dos bosques e da paisaxe da contorna, a integración do home no medio e o excelente grao de conservación do espazo natural.