Volver

#ACULTURASEGUE

Produtos viaxeiros. Boísimo e Zinquin Audiovisual

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

De onde é un produto gastronómico? Que características definen un produto autóctono? En que momento deixa de ser importado e pasa a ser propio dun territorio? Como viaxan os produtos? Suman ou enriquecen a gastronomía e o propio ecosistema ou son invasivos e por tanto destrutores?

O documental Produtos viaxeiros -que xorde da colaboración entre a produtora audiovisual Zinquin e o portal de cultura gastronómica Boísimo, un proxecto creado por GCiencia para divulgar a riqueza da investigación, do produto e da cociña de Galicia- pretende achegarnos a estas cuestións, reflexionar sobre elas e, se é preciso, resolvelas. Con este obxectivo percorre os Camiños de Santiago para coñecer produtos viaxeiros singulares e coñecer máis deles a través de diferentes expertos na gastronomía, a investigación e as ciencias sociais de Galicia.