Volver

#ACULTURASEGUE

Artesanías dixitais. Almeiro Sociedade Cooperativa Galega

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Webdoc sobre a creación dixital emerxente en Galicia que aspira a visibilizar o potencial do sector dos contidos dixitais, un dos máis descoñecidos e ao mesmo tempo con máis futuro do país.

Nos últimos anos, a contorna da creación dixital experimentou un crecemento moi significativo e xurdiu un amplo tecido de artistas, profesionais e empresas que se dedican a este campo. Cun afán inspirador, este documental, especialmente dirixido á mocidade e a profesionais en proceso de transformación dixital, debullará a traxectoria, formación e experiencia de persoas que na nosa comunidade se dedican ás profesións creativas do futuro facendo un percorrido polo espazo dixital galego da man de doce creadoras e creadores procedentes de áreas moi diversas: programación creativa, docencia, recreación histórica, deseño, arte, videoxogos... Estas disciplinas teñen máis en común coas vellas artesanías do que cabe pensar: é traballo manual, o oficio require coñecemento amplo da técnica e ferramentas, é froito de anos de experiencia e implica o desenvolvemento de novos saberes. Eles e elas constrúen a nosa cultura dixital.