Volver

#ACULTURASEGUE

A requinta de Avelino Marta. Jesús Olimpio Giráldez Río

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental sobre o laborioso e fermoso proceso de réplica da Requinta de Avelino Marta, gaiteiro e percusionista redondelán membro do grupo tradicional Os Martas. A Requinta é un tipo de frauta traveseira típica de Galicia, concretamente das Terras do Ulla. Desde o Obradoiro de García de Riobó, onde se cuñou a requinta de Avelino, ensínannos o longo proceso artesán para obter unha igual.