#ACULTURASEGUE
Un bestiario en Oza. Antonio Manuel Fraga
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Vídeo-roteiro sobre o desaparecido Sanatorio Marítimo de Oza (A Coruña), onde se entrelazan a ficción e a memoria histórica. Supón a continuación dun proxecto que Antonio Manuel Fraga comezou coa publicación da novela xuvenil O bestiario científico de Anxos Nogueirosa, ambientada neste mesmo espazo. Un percorrido visual pola historia deste descoñecido lugar e polas persoas que o transitaron, tanto no imaxinario do autor como na vida real.