#ACULTURASEGUE
CDM. Vizuals Lab
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Costa da Morte. Terra, mar, pasado e presente, unha proposta centrada no xeodestino Costa da Morte (que inclúe Coristanco, Mazaricos, Zas, Carballo, A Laracha, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Malpica, Muxía, Camariñas, Cee, Dumbría, Laxe, Fisterra e Carnota) e na promoción do seu patrimonio natural, cultural, paisaxístico e de camiños e rutas. Unha peza audiovisual gravada en galego e subtitulada ao inglés para retratar xeracional e etnograficamente a Costa da Morte durante o último século por medio de 15 mulleres testemuñas.