Volver

#ACULTURASEGUE

Xacobeando con Chola e Lola. Roi Fernández Alonso

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Webserie protagonizada por Chola, a influencer e piloto de rallies que se fixo famosa na canle de Youtube nacida en 2018 Chola&Lola.

Na miniserie Xacobeando con Chola&Lola, Chola leva as súas habituais doses de enxeño e de humor ao Camiño de Santiago, que percorrerá en dez etapas, unha por cada capítulo.

EPISODIO 1

Despois de veren a Santa Compaña de noite, Chola e Lola deciden comezar o Camiño de Santiago. Esta aventura en bicicleta comeza en Tui.

EPISODIO 2

Tras deixar atrás Tui e un contratempo coa bicicleta, Chola e Lola fan unha parada técnica para ir de compras.

EPISODIO 3

Chola e Lola rematan a súa primeira etapa do Camiño cando chegan ao concello do Porriño, por onde dan unha volta.

EPISODIO 4

Chola e Lola arrincan a segunda etapa do Camiño de Santiago deixando atrás O Porriño e adentrándose en Mos.

EPISODIO 5

Tras unha acusada baixada en bicicleta por Mos, Chola e Lola chegan a Redondela, onde terán serios problemas para poder pasar a noite xuntas.

EPISODIO 6

No Alto do Viso, Chola e Lola teñen unhas vistas incríbles da Ponte de Rande e do resto da ría de Vigo. Desde alí continúan ata Arcade e, polo camiño, fan unhas novas amigas.

EPISODIO 7

Chola e Lola chegan a Pontevedra e dan unha volta polo casco vello. Depois de estampar o selo na súa credencial é hora de continuaren o camiño ata Caldas.

EPISODIO 8

De camiño a Caldas, Chola e Lola paran a recoller uns souvenirs moi especiais e reflexionan sobre a vida na aldea.

EPISODIO 9

Na quinta e última etapa do Camiño, Chola e Lola abandonan Caldas rumbo a Padrón. Neste traxecto descubrirán que non son a única parella de peregrinos humano-animal.

EPISODIO 10

Chola e Lola chegan a Santiago de Compostela. Despois de atravesaren a zona vella da cidade, despiden esta aventura ás portas da Catedral.