Volver

#ACULTURASEGUE

Voces na paisaxe. Iria Vázquez López.

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Audiovisual de carácter divulgativo sobre a influencia da paisaxe na práctica artística e na investigación do creador galego transmedia Roi Fernández.

O vídeo forma parte dun proxecto mais amplo, de carácter expositivo e didáctico, dirixido a expoñer a influencia da paisaxe na arte e na cultura galegas, a reflexionar sobre a nosa relación coa natureza e sobre a paisaxe en relación coa cultura, a través das nocións de vestixio, camiño, descuberta e renovación.