Volver

#ACULTURASEGUE

Palabras andadeiras. Soledad Felloza

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Palabras andadeiras. Historias para acompañar o teu Camiño de Santiago, é un proxecto de podcasting aumentado para que o Camiño de Santiago sexa unha experiencia máis completa. Cada un dos sete programas permítelle ao peregrino coñecer a paisaxe cultural, as tradicións, a historia, a música e a gastronomía de cada unha das etapas que vai percorrendo,o que arrequece a súa experiencia. O proxecto está adaptado para teléfonos móbiles e complementa os contidos sonoros con información xeolocalizada para atopar os espazos, produtos e servizos referenciados. Anécdotas, curiosidades, melodías, lendas.... audio para desfrutar antes, durante e despois de facer o Camiño.