Volver

#ACULTURASEGUE

Lendas devagar: O Camiño de Santiago. Arume Labs

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Libro dixital que recolle unha colección de mitos e lendas do Camiño de Santiago, unha tradición que perdura no tempo. Escrito en galego e traducido ao alemán e inglés, está ilustrado con fotografías e debuxos que lle permiten ao lector introducirse nese mundo cheo de misterio. Destinado a todas as idades e a todo tipo de público (de Galicia ou foráneo).

Pretende amosar a riqueza cultural que pode agochar o Camiño, non só en relación ao espiritual e relixioso, senón tamén ao folclore popular que se mostra nas diversas historias. Amosa as localizacións das lendas a través de fotos profesionais (panorámicas, aéreas…) para proporcionarlle un valor engadido á Ruta Xacobea.

Preme sobre a imaxe inferior para descargar o libro

Lendas devagar