#ACULTURASEGUE
A viaxe de Saira
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
Conto ilustrado que adapta un espectáculo teatral de igual título e conta a historia de ambientación medieval de Saira, unha peregrina francesa que viaxa a Santiago de Compostela desde Saint-Jean-Pied-de-Port para curar o corazón de pedra.
A viaxe faina xunto cunha gárgola máxica destinada á Catedral de Compostela que lle entregará ao mesmísimo Mestre Mateo, quen, nese momento, está a traballar no Pórtico da Gloria.
Preme sobre a imaxe inferior para descargar o libro