Volver

#ACULTURASEGUE

A formiga no carreiro. Verónica Martínez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Catro curtas audiovisuais en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero da compañía Rilo$Penadique que conteñen narración oral e música para público familiar. Nelas nárranse contos populares e de tradición oral recollidos en Galicia, Brasil e Portugal, apropiados especialmente para cativas e cativos de 3 a 8 anos.

O señor Carvalho

Vídeo introdutorio para presentar a figura de Ricardo Carvalho Calero.

A onça pintada

Peza baseada nun conto tradicional do Brasil

A merla

Versión dun conto tradicional galego.

A formiga no celeiro

Baseada nun conto tradicional portugués.